Entradas

Mostrando entradas de junio, 2019

Decoración

Imagen
Os alumnos de 5º de Primaria decoraron a súa aula con elementos relacionados coa temática da froita. Tamén elaboraron algún que outro traballo creativo. Este é o resultado.

Con agarimo

Imagen
Os nosos alumnos de segundo curso elaboraron unha figura cos amorodos que chegaron á súa aula. Verdade que lles quedou espectacular?

Deshidratación

Imagen
Fixemos un pequeno experimento deshidratando algunhas das variedades de froita que chegaron ás nosas mans. Aquí estamos en plena faena!!!!

Manualidades

Imagen
Os nosos alumnos de 1º de Primaria amosan a súa creatividade a través destes traballos que elaboraron en torno a diferentes froitas que foron comendo durante a semana. 

Emocións

Imagen
Os alumnos e alumnas de cinco anos elaboran unha actividade creativa sobre varias ideas que lles xurden cando ven unha froita. Dende obxectos, astros, ata diferentes emocións plasmadas nestes traballos.

Os monstros

Imagen
Na aula de catro anos aprenden a escribir o nome dalgunhas froitas e tamén a facer diferentes manualidades coas froitas como fío condutor.

Lóxica matemática

Imagen
Os pequenos de Infantil traballan as matemáticas de modo transversal a través do programa da froita.

Noite de San Xoan

Imagen
Os nenos de Infantil de tres anos recrearon o ceo na noite máis curta do ano, o San Xoan. Tamén fixeron un solpor, e todo isto con elementos das diferentes froitas que foron consumindo. Este foi o resultado final!!!

Froitómetro

Imagen
Todos os cursos de Infantil e Primaria elaboraron un froitómetro no que foron anotando as froitas de cada día e os alumnos que as tomaron e os que non. Deste xeito poidemos facer un balance das froitas que máis gustaron en cada curso, e en todo o cole.

Mural

Imagen
Cada un dos cursos de Primaria encargouse de pintar diferentes froitas e letras seguindo un modelo para elaborar o gran mural que adorna o corredor do noso colexio.

Reparto

Imagen
Todos os cursos de Primaria se encargaron, por turnos, do reparto de froita ó resto dos compañeiros.