Os nosos alumnos de 1º de Primaria amosan a súa creatividade a través destes traballos que elaboraron en torno a diferentes froitas que foron comendo durante a semana.
Aínda que non se trata dunha froita en sí mesma, quixemos saber de primeira man os traballos que pasaban os nosos avós para esfollar e debullar o millo. Pero como non todo vai ser traballar tamén fixemos uns flocos para comer e xogamos cos carozos.
Os alumnos de 5º de Primaria decoraron a súa aula con elementos relacionados coa temática da froita. Tamén elaboraron algún que outro traballo creativo. Este é o resultado.
Comentarios
Publicar un comentario